viernes, 12 de julio de 2013

Desordes Creativas 2013

QUÉ É?
DesOrdes Creativas é un Festival Internacional de Arte Urbana que organizamos dende fai xa 6 anos na localidade de Ordes (A Coruña ).
Cada ano o festival actúa como unha eficaz ferramenta de diálogo social e rexeneración urbana constante, convertendo antigos espazos deteriorados en lugares cheos de vida e cor pra o desfrute colectivo dos seus habitantes e visitantes.
Deste xeito, o festival está convertindo a Ordes, outra vila infectada ata as trancas polo virus do famoso feísmo, nun gran museo a ceo aberto; un museo público, de balde e accesible a todo o mundo. Situando a esta vila no mapa como un curioso destino turístico pra viaxeiros inquedos e fieis amantes da arte urbana..
Por DesOrdes Creativas pasaron ao longo das cinco edicións anteriores máis de 40 artistas e o festival exerceu como una xanela cara o mundo pra eles, convertíndose nunha plataforma ideal pra poder materializar e expoñer a súa obra nun formato meirande e máis accesible pra calquer persoa.
En consecuencia, este evento traballa como unha ferramenta de dignificación e apoio pra a arte urbana en xeral, e pra a galega en particular. Actuando como unha catapulta de difusión cara o mundo do que se está a facer nas rúas de Galicia.
Ademáis de convidar aos artistas que nos parecen máis interesantes e orixinais do panorama estatal e internacional, dende a organización, apóstase fortemente tódolos anos polos artistas galegos, conformando o cartaz do festival de cada ano cunha maioría de participantes galegos ou residentes en Galicia.

Autor: BLU / DesOrdes Creativas 2012
QUENES SOMOS?
Este evento é unha iniciativa independente, autoxestionada e sen ánimo de lucro, desenrolada pola Asociación Cultural sen ánimo de lucro "Cultivarte" e o estudio creativo"Mutante".
O festival lévase a cabo cada ano froito da sensibilidade, do esforzo e o amor incondicional de tódolos seus membros, dos seus colaboradores e do traballo altruísta de tódolos artistas que teñen participado ata o de agora.
Contamos con certa colaboración do concello de Ordes en canto a infraestruturas, máis dito apoio non é nen moito menos suficiente pra que todo este traballo se sosteña.. E precisamos implicar a toda a sociedade pra que esta iniciativa siga viva, siga medrando ano tras ano e se convirta nunha iniciativa totalmente autosuficiente nun futuro próximo.

Título: "Memoria sobre ladrillo" / Autor: LAGUNA / DesOrdes Creativas 2011
Cremos firmemente que o proxecto desenrola unha laboura social moi necesaria e productiva, e pedímosvos o voso apoio pra que entre todos poidamos seguir facendo disto algo máis e máis grande, máis e máis efectivo e influínte...
Alguén dixo un día: "Paredes Brancas... Poblo Mudo"..
.
Se tedes algo que dicir ó respecto.. Sería perfecto! Porque é máis que necesario contar con tódalas vosas voces...
Úneste ao coro??

Autor: ERICA IL CANE / DesOrdes Creativas 2012
QUÉ VAI A PASAR ESTE ANO?
Pra esta edición contaremos coa participación de varios artistas galegos, estatais e internacionais. Un total de 10 participantes que realizarán intervencións artísticas en distintos emprazamentos, esparexidos por todo o casco urbán da vila. Algunhas das intervencións serán murais de gran formato, en edificios de varias prantas de altura.

Título: "Buraco Vermello" / Autor: LIQEN / DesOrdes Creativas 2010
Ademáis, ó longo do festival terá lugar un ciclo de curtametraxes e pezas documentais sobre arte urbana no auditorio da Casa da Cultura de Ordes. Contamos con pezas audiovisuais moi interesantes chegadas de distintas partes do mundo, que serán proxectadas coa intención de achegar ao público asistente outro xeito de ver a arte urbana e as súas múltiples variantes. Aportando outro punto de vista co que espandir a perspectiva cara este contexto artístico.
Como non pode ser de outra maneira, a entrada será totalmente gratuíta.
Tamén nos gustaría ofertar algunhas outras actividades alternativas como:
- Obradoiros formativos pra os máis xóvenes sobre as técnicas do Graffiti, Stencil.
- Master classes de algúns artistas participantes, enfocadas a un público iniciado.
- Unha festa-concerto de clausura con actuacións musicais en directo, dj´s, etc..
QUÉ IMOS FACER COS CARTOS?

Título: "Pandominium" / Autor: XPEN / DesOrdes Creativas 2012
Pra levar a cabo O festival todos os anos temos gran cantidade de necesidades en canto a infraestrutura e financiación, que supoñen un gasto importante pra a organización e que non podemos asumir.
Co diñeiro aportado coas vosas aportacións poderemos pagar algúns destes gastos que xenera a organización dun festival deste tipo.
Por tanto o diñeiro aportado por todos vos irá destinado a pagar os materiais necesarios pra a realización dos murais, o aluguer dos elevadores que precisamos pra os murais de gran formato, os gastos das viaxes, dietas e aloxamento dos artistas participantes, os gastos de imprenta da cartelería do evento, o aluguer do equipo de son, outros materiais e gastos de produción, etc..

Autores: NAS! & DEL / DesOrdes Creativas 2012
CALENDARIO
A producción do festival xa está en marcha, as datas nas que se realizará serán ao longo de toda a semana que vai do luns 22 ao domingo 28 de Xullo de 2013.
As recompensas estarán entregadas entre 20-30 días seguintes do remate do proxecto de crowndfounding, dada a natureza artesá das recompensas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario