martes, 20 de septiembre de 2011

Amnesia Festival Galicia 2011

Un par de comentarios:
Horarios. Creo que si pagas 33 ou 40€, poderían darche un horario, ou polo menos poñer un cartel á vista.
Fun testigo desto:
Cut&Paste: << sábado 17 a las 20h.
- Pregunta a una chica de la organización: ¿No tenéis los horarios de las actuaciones?
- Respuesta: Que pasa, ¿es que no tienes un móvil con internet? Mira en la web.
Ademáis de maleducada, a súa resposta non resolvía a pregunta porque a web di más información próximamente >>
Baños. Hai 7 letrinas e 7 tazas (homes) e 12 tazas (mulleres) públicos en expocoruña. Solución WC químicos, pero moitos máis, que 5000-6000 persoas mexan moito en 15 horas.
Papeleiras. ¿Ú-las papeleiras ou contedores? Porque a xente é moi porca porque cisca os vasos polo chan, e queda pegañento ou esvaradizo, pero se non tes onde botar os restos...
Son. Onde soaba impresionante o esceario estrella? A carón da boca do esceario, a 10 metros, a metade da pista ou no tercio do fondo? Porque nun recinto pechado a PA  non se fai así. Ter toda a caña só nos laterais do esceario non é o adecuado. E menos arrays perpendiculares ao chan, dirixidos cara ao fondo (si, había rebotes), e non en ángulo para cubrir zonas. Para a túa información hai que repartir a potencia polo recinto e nesa sala poderían meterse ao longo polo menos 3, ou 4 ou máis arrays.
E da "carpa" barceló, mellor nin falar. Ou petaba ata a porta do pasillo, ou tiñas un mix barceló-estrella preto da porta, ou volume baixo despois da porta. E polo mesmo, por non repartir a potencia por todo a "carpa".